Combo DVD-televisor panorámico para a cociña
venres, 24 de xullo do 2009
Toshiba anunciou un
novo produto hÃbrido entre televisor e reprodutor de DVD que sorprende por
contar cunha carcasa de aceiro inoxidable pensando na súa instalación nunha cociña.
O televisor
19LV612U é de 18,5 polgadas, ten unha resolución nativa de 1.366 x
768 pÃxeles, un brillo de 300 nits, unha relación de contraste de 1.000:1, un
tempo de resposta de 5 milisegundos, entradas HDMI/VGA, conector para
auriculares e un prezo de 349,99 dólares (245,43 €) cando saia á venda o
vindeiro mes de setembro.
Non estariamos ante unha pantalla que tecnicamente resulte impresionante (aÃnda
que dificilmente poderÃa amosar vÃdeo en alta definición cun tamaño tan
reducido), pero si ante un produto para a cociña cunha estética moito máis
atinada que a da meirande parte de televisores que se instalan nesa parte do
fogar.