Teo pon a disposición da rapazada local dous obradoiros estivais de robótica
venres, 3 de xullo do 2020
A
aula de informática municipal do Concello de Teo vén con
tecnoloxÃas para a rapazada nesta recta inicial do verán: un
programa de dous obradoiros de robótica para achegar lecer,
coñecementos e formación útil, entretida e segura ás crianzas do
concello. O primeiro obradoiro, baixo o tÃtulo Scratch+Lego
está dirixido a nenos/as empadroados/as no concello de 8 aos 11
anos. Será do 13 ao 17 de xullo de 10 a 12 horas na aula de
informática municipal. Durante as 10 horas que dura o curso as
persoas participantes construirán robots de Lego e comezarán a
programar coa ferramenta de programación para escolares Scratch.
O
segundo obradoiro é sobre Arduino, unha plataforma de
desenvolvemento baseada nunha placa electrónica de hardware libre
que incorpora un microcontrolador re-programábel e unha serie de
pins femia que aprenderán a recoñecer os asistentes ao obradoiro.
Neste caso está dirixido a nenos/as empadroados/as de 12 aos 16 anos
e celebrarase do 20 ao 24 de xullo de 10 a 12 horas.
Para
anotarse hai que entregar a
ficha de inscrición (PDF) e presentala por sede electrónica ou
no Rexistro Xeral do Concello. O prazo está aberto do 30 de xuño ao
10 de xullo para o curso de Scratch+Lego e ata o 17 para o de
Arduino. As prazas ofertadas son 8 para cada un dos obradoiros e debe
haber un mÃnimo de 5 inscricións para realizar a actividade.