Teremos remasterización de The Last of Us Parte II para PlayStation 5
venres, 17 de novembro do 2023
En 2020 o xogo The
Last of Us Parte II converteuse no meirande
lanzamento exclusivo para PlayStation 4, pese a lanzarse en
plena pandemia, e parecÃa que tiñamos esquecido que este tÃtulo non aproveitaba
a potencia da PlayStation 5, como si fixo a
remasterización da primeira entrega que saÃu á venda o ano pasado (e que
facÃa que un xogo nacido en PS3 puidese lucir marabillosamente en PS5).
Agora que a PlayStation 5 xa pode mercarse con normalidade, e incluso está a
piques de chegar ás tendas unha versión máis compacta, parece un bo momento
para que vexa a luz a versión
remasterizada de The Last of Us Parte II e, de feito, xa ten data de
lanzamento: o 19 de xaneiro de 2024.
A remasterización poderá mercarse de xeito independente, pero tamén estará
dispoñible unha actualización de pagamento dende a versión para PlayStation 4. Contará
con gráficos nativos en 4K no modo fidelidade, mentres que no modo rendemento
funcionará a 1.440p escalado a 4K. Terá a taxa de fotogramas desbloqueada, soportará
VRR, contará con texturas de maior resolución, mellora as distancias de
visionado, contará con sombras de máis calidade, as súas animacións serán máis
fluÃdas e, en definitiva, será un tÃtulo mellor a nivel gráfico, que tamén
gozará de caracterÃsticas da PS5 como menores tempos de carga e o
aproveitamento das funcionalidades hápticas dos mandos DualSense.
En España tamén teremos unha edición especial do xogo que incluirá caixa metálica
e unha chea de contidos adicionais, facendo deste lanzamento algo máis
atractivo.
As reservas para facerse co xogo abriranse o vindeiro 5 de decembro.
- A versión para PS5 do xogo mellora substancialmente a súa calidade gráfica