The Crew adía o seu lanzamento ao mes de decembro

luns, 6 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Na vindeira campaña de Nadal enfrontaranse dous grandes xogos de condución exclusivos para PS4 e Xbox One, DRIVECLUB e Forza Horizon 2, o que non impediu a Ubisoft a querer entrar na loita, e atreverse a preparar o lanzamento de The Crew, un xogo do mesmo xénero que estaba previsto para o 11 de novembro, pero que finalmente verá a luz o 2 de decembro para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4 e PC.
Este adiamento na posta á venda do xogo débese a que os desenvolvedores queren atender ao feedback da súa primeira versión do título, para pulir varios detalles e, de feito, anuncian que van lanzar unha segunda beta pechada durante o mes de novembro para poder optimizar o xogo antes do seu lanzamento.
The Crew xa completou 3 betas pechadas (2 para PC e unha para consola de nova xeración), de xeito que espérase que poida ofrecer unha experiencia óptima, ofrecendo un grande mundo aberto, unha tecnoloxía de colisións moi realista e uns efectos visuais renovados, á vez que se axustan detalles como a intelixencia artificial da Polocía e intégrase mellor o chat de voz.

The Crew aposta por converterse no xogo de condución multi-plataforma da campaña de Nadal

PUBLICIDADE