The Elder Scrolls Online anuncia a súa edición para coleccionistas e estrea trailer cinemático

mércores, 29 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

A PlayStation 4 e a Xbox One van recibir en xuño (para PC e Mac estará dispoñible a partir do 4 de abril) un xogo que entusiasmará a millóns de xogadores de todo o mundo, The Elder Scrolls Online, que hoxe estreou un trailer cinemático duns 8 minutos que está a causar sensación pola súa excelente factura, e que anima así a moitos a reservar este xogo, o que premiarase co Pack The Explorer, que incluirá contidos dixitais adicionais (os personaxes creados poderán unirse a calquera alianza con independencia da carreira elixida, unha mascota chamada Scuttler e un lote con catro mapas do tesouro extra).
Estes contidos dixitais tamén estarán dispoñibles para a edición para coleccionistas, alcumada Imperial Edition, e que combinará contidos adicionais de auténtico luxo: unha réplica de Molag Bal de 30 centímetros de alto, unha guía ilustrada de 224 páxinas, un mapa impreso de 53 x 66 centímetros que detalla as zonas controladas pola Alianza e a última conquista (Cyrodil) e unha caixa metálica decorada na cor dos imperiais. Tamén permitirá acceder a distintos contidos dixitais: permite xogar como imperial e convocar a un cabalo imperial branco, inclúe unha mascota cangrexo e conta coa opción de completar o ritual de Mara cun amigo para recibir unha experiencia extra colaborativa.

The Elder Scrolls Online Imperial Edition é unha edición para coleccionistas de auténtico luxo




Novo trailer cinemático de The Elder Scrolls Online

PUBLICIDADE