Hoxe estreouse un novo lote de xogos independentes da iniciativa The Humble Bundle, que estará dispoñible durante un par de semanas a un prezo que poderá definir o usuario (cun mínimo de 1 dólar para poder conseguir a clave de desbloqueo dos xogos en Steam), quen tamén poderá elixir o reparto entre os desenvolvedores, os organizadores da venda e un par de institucións benéficas, que podería considerarse como un dos mellores vistos ata a data, ao incluír grandes xogos multiplataforma (son compatibles con Windows, OS X e Linux) como Dear Esther, Thomas Was Alone, Capsized, Awsesomenauts e Little Inferno, aos que se engadirían Proteus e o violento Hotline Miami de superarse o prezo medio (5,68 dólares no momento de escribir estas liñas).
Non faltan no lote as bandas sonoras dos xogos en formato MP3/FLAC, estando todos os títulos dispoñibles sen protección DRM, como mostra da liberdade que achega esta iniciativa para os usuarios. Estes xogos terían un prezo por separado superior aos 90 dólares, polo que a posibilidade de adquirilos por menos de 6 dólares é toda unha ganga á que é de agardar que non poidan resistirse centos de milleiros de xogadores de todo o mundo, que a través de ofertas deste tipo tamén gardan un espazo para os xogos independentes nos seus ordenadores.
Vídeo promocional deste último Humble Indie Bundle
The Humble Bundle recompila algúns dos mellores xogos independentes dos últimos meses
Compartir Este Artigo
