The King of Fighters XIII chegará ás tendas o 28 de novembro

luns, 31 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Namco Bandai Games anunciou que vai distribuír en España o xogo The King of Fighters XIII, última entrega da saga de loita 2D de SNK Playmore que chegará o vindeiro 28 de novembro en versións para Xbox 360 e PlayStation 3 a un prezo recomendado de 50,95 euros, contando tamén cunha edición de luxo para os usuarios que reserven o xogo antes do seu lanzamento, e que incluirá unha completa banda sonora en 4 discos compactos na que se recollerán temas musicais de toda a saga.
The King of Fighters XIII é o derradeiro capítulo da saga de Ash, incorpora grandes melloras no xogo en liña internacional, conta con máis de 30 personaxes xogables (recuperando a K’ e a Mai Shiranui), ten varios finais dependendo dos equipos de personaxes elixidos, os personaxes poden personalizarse (con máis de 20 tipos de cor, partes e iconas por loitador) e 9 modos de xogo (Arcade, Historia, Versus, Misións...).

Mai Shiranui é un dos personaxes que volven a esta entrega da saga
O xogo conserva a mecánica 2D que tanto éxito tivo nas primeiras versións da saga en máquinas recreativas


Trailer da última entrega de The King of Fighters

PUBLICIDADE