The Last Guardian sairá a finais de 2011
xoves, 16 de setembro do 2010
Tras unha
decepcionante ausencia do ICO Team nas últimas feiras de videoxogos, finalmente
o estudo de Fumito Ueda reaparece durante o Tokyo Game Show para confirmar que
o xogo The Last Guardian para
PlayStation 3 chegará
ás tendas xaponesas de cara ao Nadal de 2011 (a data europea non está
fixada, pero debería de ser para primeiros de 2012), e para celebrar que xa ten
un calendario este título estrean un novo trailer no que podemos ver imaxes
reais do xogo, que parece que vai satisfacer aos seareiros dos anteriores
títulos de Ueda, coma son ICO e Shadow of the Colossus, e que están
considerados coma os mellores xogos para PlayStation 2, especialmente polo seu
coidado deseño, de aí que, coma pasou coa franquía de God of War, retómense na PS3 a través dunha reedición en alta
definición que leva por nome ICO and
Shadow of the Colossus Collection e que tamén vén de estrear trailer.
Novo trailer de The Last Guardian
ICO e Shadow of the Colossus reeditaranse en alta definición
- The Last Guardian aparenta ter un tratamento gráfico soberbio