The Last of Us Parte II chegará a PC en abril
venres, 13 de decembro do 2024
Moitos xogadores de PC agradeceron a oportunidade de poder gozar do xogo The Last of Us cando chegou na súa versión remasterizada a equipos informáticos tras ser durante anos un tÃtulo exclusivo de consolas PlayStation, e agora Naughty Dog repite a xogada coa súa secuela e anuncia que The Last of Us Part II Remastered chegará o vindeiro 3 de abril a PC a través de Steam e da tenda de Epic Games.
A segunda parte de The Last of Us chegou a PlayStation 4 en xuño de 2020, adaptándose a PlayStation 5 en xaneiro de 2024, de xeito que esta última remasterización é a que se aproveita para levar o xogo a PC, traballo de adaptación realizado en colaboración con Nixxes Software e Iron Galaxy Studios. Como é de esperar, a nova versión tamén incorporará melloras especÃficas para PC, como vén a ser habitual neste tipo de adaptacións, como son adaptarse a pantallas ultrapanorámicas ou a tecnoloxÃas gráficas de nVIDIA e AMD, que detallarán cando se achegue a data de lanzamento do xogo.
Tráiler de presentación da remasterización para PC de The Last of Us Parte II