The Last of Us recibirá un novo capítulo descargable en primavera

luns, 13 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Un dos mellores xogos na historia da PlayStation 3 é sen lugar a dúbidas The Last of Us, que pese a contar unha historia pechada que non dá lugar a secuelas, vai contar con contido descargable que enriquecerá a obra, e que será unha especie de precuela titulada Left Behind na que Naughty Dog leva meses traballando e da que veñen de estrear vídeo de presentación.
O novo DLC para The Last of Us situaranos na zona de corentena de Boston, onde teremos a Ellie antes dos acontecemento centrais do xogo, acompañada desta volta pola súa amiga Riley, historia que xa foi abordada nunha mini-serie de comics publicada por Dark Horse nos EE.UU. e que en primavera poderemos vivir de xeito interactivo.
Espérase que o prezo deste contido no que veremos a Ellie antes de cruzarse con Joel teña un prezo duns 14,99 euros (aínda que polo momento non se anunciou o prezo deste DLC).


Vídeo de presentación de The Last of Us: Left Behind

PUBLICIDADE