The Last of Us sae á venda en España
venres, 14 de xuño do 2013
Os creadores da saga Uncharted
levan tempo amosando a profundidade e os moitos detalles que achega a súa nova
obra, The Last of Us,
tÃtulo exclusivo para PlayStation 3 que hoxe chega ás tendas ofrecendo unha
experiencia de acción e terror, na que o argumento ten un peso moi importante e
que a crÃtica sitúa como un dos mellores xogos da historia da PS3 recibindo
unha puntuación de 95 sobre 100 en Metacritic (só superado por GTA IV, Uncharted 2 e Batman: Arkham
City) polo que ten moitas bazas para converterse no xogo do ano entre as
consolas da presente xeración.
Este xogo de Naughty Dog, pese a conservar moitos elementos de Uncharted, ten un espÃrito totalmente
distinto, non só porque estea ambientado en un futuro apocalÃptico no que
enfrontarse a infectados e a outros superviventes, senón polo xeito de
introducirnos na historia, con numerosas decisións que poñen a proba a moral
dos protagonistas e cun nivel técnico que espreme practicamente todo o potencial
da PlayStation 3, o que só é posible despois dos tantos anos de maduración
desta plataforma.
É moi probable que The Last of Us
tamén sexa un dos xogos máis vendidos do ano (sen contar a Call of Duty e FIFA, que
son éxitos seguros) grazas en boa medida á súa forte campaña promocional, pois
é un dos poucos xogos que é doado ver anunciado por televisión: