The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom sae á venda
venres, 12 de maio do 2023
Os seareiros das aventuras
de The Legend of Zelda teñen hoxe motivos para estar contentos, xa que
por fin chegou oficialmente ás tendas a súa nova entrega para Nintendo Switch, Tears
of the Kingdom, que mantén a esencia de Breath of the Wild
depurándoa aÃnda máis e demostrando que a Switch aÃnda pode dar moito de si.
Neste novo xogo estamos nun Hyrule reconstruÃdo tras os acontecementos da
anterior entrega, con lugares familiares que mudaron drasticamente, novas
aldeas, covas e misteriosos abismos esparexidos a través do mundo, asà como misteriosas
illas flotantes que apareceron nos ceos e que agochan moitos segredos que
haberá que desvelar.
Tears of the Kingdom incorpora novas e poderosas habilidades de Link
para crear audaces armas e construÃr creativos xeitos de viaxar a través do
territorio. Son moitos os detalles que renovan este xogo para manter o
interese, e pese a que o tÃtulo leve un par de semanas filtrado, polo que hai
moitas sorpresas que se estragaron nos últimos dÃas, quen soubo afastarse da
conversas ao redor do xogo seguro que gozará da experiencia do que para moitos
será o xogo do ano para a consola de Nintendo.
Tráiler de lanzamento de The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom