The Onion merca InfoWars despedindo os discursos de odio con humor
xoves, 14 de novembro do 2024
O medio de comunicación que moitos considerarÃan como o máis desinformador e conspiranoico dos EE.UU. era até hai pouco InfoWars, creado polo polémico Alex Jones, quen tivo que declararse en bancarrota tras unha sentenza xudicial que lle esixÃa pagar máis de 1.100 millóns de dólares ás familias vÃtimas dun masacre na escola de primaria de Sandy Hook en 2012 a quen Jones acusaba de terse inventado o tiroteo no que faleceron 28 persoas, someténdoos ao acoso dos milleiros de seareiros de InfoWars.
Ante esta situación económica, InfoWars púxose á venda, e sorprendentemente apareceu un comprador chamado Global Tetrahedrom LLC, que é a empresa detrás de The Onion, unha cabeceira satÃrica que poderiamos considerar como a versión estadounidense de El Mundo Today, e que ten a intención de relanzar InfoWars en 2025 como unha páxina web «moi divertida e moi estúpida», ou sexa, para deixar completamente en ridÃculo o que para moitos era o emblema da cara máis tóxica e negativa da Internet.
O propio Alex Jones publicou un vÃdeo en X advertido do peche de InfoWars, dando a entender que eran os demócratas os que estaban detrás da operación (cando realmente foron as familias vÃtimas das súas falsidades as que chegaron a un acordo con The Onion, evitando asà que a cabeceira poida chegar a mans doutras entidades que permitisen a continuidade de InforWars na súa forma orixinal) como se fose unha estratexia coordinada para censurar un medio de comunicación, cando estamos simplemente ante o desmantelamento dunha compañÃa incapaz de facerse responsable dos danos causados á sociedade.
Cómpre salientar que Jones a meirande parte das plataformas sociais e de vÃdeo vÃanse na obriga de retirar moitos dos contidos difundidos por InfoWars por alentar discursos de odio, e actualmente limita a súa comunicación en plataformas a X, que parece ser o único espazo de onde non o expulsan polas súas malas prácticas. Na actualidade tamén está a procurar manter a idea de contar cunha plataforma audiovisual baixo a marca Alex Jones Network, asegurando que é a saÃda que atopou despois do «secuestro» de InfoWars, aÃnda que este tipo de prácticas parecen bastante discutibles se consideramos que se acolleu á protección por bancarrota para eludir as súas responsabilidades.