The Right Arm, un soporte universal para tablets e portátiles
luns, 17 de febreiro do 2014
Pese aos problemas coa súa seguridade, Kickstarter segue a
ser a plataforma de micromecenado que nos achega máis produtos tecnolóxicos
curiosos na actualdiade, como The
Right Arm, un soporte universal que busca facilitar o uso de tablets e
ordenadores portátiles no escritorio, na cama, no salón... en lugares nos que
poida fixarse nunha posición para que non teñamos que suxeitar o dispositivo
cos nosos brazos e tampouco teñamos que adoptar posturas incómodas para o seu
uso.
Esta curiosa solución consiste nun brazo de aceiro flexible duro de preto de 83
centÃmetros que pode suxeitarse cunha base con agarre prénsil (un sarxento ou grampo) e soporta entre 2 e 6,8 quilogramos segundo a súa posición,
contando co seu extremo co seu elemento máis innovador: un panel duns 24 x 19
centÃmetros cunha lámina de xel adhesivo
que permite suxeitar firmemente un tablet (contando tamén cunhas tiras elásticas
no caso de precisar dun agarre mellor), coa vantaxe de que esta solución serÃa
universal (xa que non depende do factor de forma do dispositivo que coloquemos
sobre o mesmo, sempre que teña unha superficie plana sobre a que adherirse). Os
responsables deste produto aseguran que o xel empregado, que pode lavarse con
auga, conserva a súa adherencia ata despois de varios meses de uso.
- Esta curiosa solución incluso pode resultar práctica durante a práctica deportiva
Cómpre destacar que, sen o uso do panel con xel adhesivo, o brazo flexible de
The Right Arm tamén pode empregarse como trÃpode
para unha cámara, xa que articulación no extremo do brazo emprega unha rosca
estándar.
Este proxecto de micromecenado xa dobrou o seu obxectivo de financiamento, e na
actualidade pode un facerse cun destes soportes por 99 dólares (90,47 euros con
gastos de envÃo incluÃdos), remitÃndose o accesorio un par de semanas despois do
peche da campaña (de xeito que en marzo poderÃa chegar ás mans do interesado).
- O soporte é válido incluso para ordenadores portátiles
VÃdeo promocional desta campaña en Kickstarter