The Technomancer, un novo RPG cyberpunk que verá a luz en 2016
venres, 10 de abril do 2015
Os estudios de videoxogos Spiders e Focus Home Interactive anuncian
que van colaborar para o desenvolvemento dun novo xogo de rol, The Technomancer, que chegará en
2016 para PS4, Xbox One e PC, e está ambientado nun Marte post-apocalÃptico durante
a Guerra da Auga, onde un aspirante a technomancer
se enfronta a un amplo abano de cuestións mentres xorden ameazas froito de segredos
do seu pasado.
The
Technomancer ofrecerá aos xogadores unha experiencia orientada ao
combate de acción con catro árbores de habilidades, enfocándose en tres estilos
de loita e os poderes eléctricos destrutivos dos technomancers. Como é habitual neste tipo de xogos, non sempre
haberá que solucionar as situacións pola forza, senón que tamén poderase
conversar para facer fluÃr a historia polo noso propio camiño (podendo chegar a
até cinco finais diferentes), á vez que nos equipamos con distintos elementos e
tecemos relacións con outros personaxes.
- O xogo terá combates orientados á acción e permitirá que progresemos en 4 árbores de habilidades