The Waylanders, o videoxogo de rol da firma coruñesa Gato Salvaje, Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG
martes, 24 de maio do 2022
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
vai outorgar no seu evento de celebración anual (a Noite
da Enxeñaría en Informática de Galicia, XIV edición, prevista
para o 1 de xullo en Santiago) o
Premio Iniciativa Empresarial ao videoxogo The Waylanders
creado pola compañía coruñesa Gato Salvaje Studio.
Segundo
explica o colexio, trátase dun xogo de rol clásico, pero “cunha
característica especial”, que é “a inspiración en
localizacións do norte de España”, de xeito especial en Galicia,
cun toque fantástico dos mitos celtas e o escurantismo dunha era
medieval invadida por unha corrupción máxica”. A un nivel máis
concreto, o xogo está ambientado en distintos escenarios históricos
como a Torre de Hércules ou a Catedral de Santiago, ademais doutras
contornas como O Ézaro e Fisterra.
O
proxecto desenvolveuse durante cinco anos e saíu á venda en
febreiro de 2022. Aínda que inspirado nun xogo moi popular do inicio
dos 2000, Dragon Age, o xurado do CPEIG salienta que “The
Waylanders ten un estilo que destaca pola ambientación e a
mitoloxía galegas, con toques de tema celta, de folclore, e apuntes
medievais e de cristianismo moi arraigados en Galicia”.
O argumento
- Sergio Prieto, director creativo dos estudios galegos
Narra
a historia dun grupo de guerreiros que viaxa no tempo a través da
época celta e medieval. O director creativo da compañía, Sergio
Prieto, explica que “a historia de base é unha adaptación dunha
lenda irlandesa que conta que os fundadores de Irlanda saían de
Galicia, historia coa que arrinca o xogo, pero cunha variación na
lenda que o xogador descubrirá a medida que avanza na historia”.
Prieto apunta tamén “que a mestura de razas apréciase no xogo,
con humanos, trasnos e licántropos, ademais de moures, fomores e
xigantes da mitoloxía irlandesa”.
O
guión foi creado por dous profesionais que traballaron en grandes
producións internacionais: Emily Grace Buck (The Walking Dead,
Batman: The Enemy Within, Marvel’s Guardians of the Galaxy) e Mike Laidlaw
(sagas Dragon Age e Mass Effect).
Gato Salvaje
Gato
Salvaje Studio nace en 2010 na Coruña coa intención de
converterse nunha referencia nacional da produción de videoxogos.
Pioneira en crowdfunding (financiamento mediante
micromecenado) en España, esta firma de videoxogos está “en
continuo crecemento”, apoiándose na "formación, na
contratación de talento galego e na innovación", explica
Sergio Prieto. Durante os últimos anos, un equipo de 36 persoas e
numerosos freelance repartidos por todo o mundo traballaron na
súa última historia.