The Witcher III estreará versión para consolas de nova xeración o 14 de decembro
luns, 14 de novembro do 2022
A franquÃa de The
Witcher ten cada dÃa máis forza, en
boa medida pola vida que cobrou en Netflix, e como aÃnda falta moito para que
poidamos ver as súas novas entregas en forma de videoxogo, CD Projekt Red leva
tempo traballando nunha adaptación de The Witcher III: Wild Hunt
para consolas de nova xeración (e ordenadores modernos), e finalmente temos unha
data concreta para o seu lanzamento: o
14 de decembro de 2022.
Esta revisión de The Witcher III contará con ducias de melloras visuais,
técnicas e de rendemento, incluÃndo compatibilidade con ray tracing, tempos de carga máis rápidos en consola e outras modificacións para
ofrecer unha mellor experiencia de xogo. Tamén inclúen contidos descargables
inspirados na serie de Netflix, como novas armas e armaduras de Geralt de Rivia
e aparencias alternativas para algúns personaxes.
Os que xa mercasen o xogo recibirán esta nova versión sen carga adicional, pero
é unha excelente ocasión para atraer a novos xogadores, que terán o xogo coas
súas expansións nunha versión digna de PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, que
incluso está previsto que chegue a Nintendo Switch máis adiante.