The World Ends with You adáptase a iPhone e iPad

luns, 27 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O xogo de rol xaponés The World Ends with You lanzado inicialmente por Square Enix para Nintendo DS en 2008 estreou hoxe versións para iOS, de xeito que este título pode gozarse por 14,49 euros en iPhone e iPod Touch ou por 15,99 euros no iPad, conservando a súa mecánica de xogo, pero con melloras na banda sonora (composta por 60 cancións) e nos gráficos (aínda que sen chegar a ser unha versión á altura da pantalla Retina do iPad).
The World Ends with You: Solo Remix supón a recuperación dun dos mellores RPG xaponeses, cun sistema de combate intuitivo e atinado para pantallas táctiles, grande rexogabilidade, opcións de interacción con outros usuarios e outras posibilidades que agradarán aos afeccionados a este xénero.


Trailer do xogo de Square Enix

PUBLICIDADE