Threads estrea mensaxes directas independentes de Instagram
martes, 1 de xullo do 2025
Dous anos despois do seu lanzamento, Threads continúa a súa evolución como plataforma independente dentro do ecosistema de Meta incorporando mensaxes directas e un novo recurso visual chamado Threads Highlighter, co obxectivo de reforzar a interacción e darlle maior visibilidade aos contidos relevantes.
Dado que máis dun terzo dos usuarios diarios de Threads seguen contas distintas das que seguen en Instagram, dende Meta consideran que a aplicación está a crear unha comunidade propia e diferenciada, de aà que estean a potenciar a súa segregación de Instagram.
Mensaxes directas con control de privacidade
A partir de hoxe, Threads permitirá manter conversas privadas entre usuarios. A función estará inicialmente limitada a maiores de 18 anos que se sigan mutuamente na plataforma ou en Instagram, como medida para garantir un uso seguro.
Nas vindeiras semanas irán incorporando melloras á experiencia de mensaxerÃa, como a posibilidade de crear grupos de conversa, engadir filtros na caixa de entrada ou configurar quen pode enviar mensaxes, mesmo sen ser seguidor.
Un novo escaparate para as ideas destacadas
Threads introduce tamén o Highlighter, un novo elemento visual que servirá para destacar perspectivas singulares e conversas de interese. O recurso comezará a verse nas áreas da aplicación dedicadas á descuberta de contidos, asà como na identificación de temas en tendencia. A idea é destacar aquilo que axuda a xerar diálogos valiosos e fomentar a diversidade de voces. Deste xeito apostan pola construción de comunidades activas e pola promoción de novos perfÃs de creadores e usuarios con interese en compartir opinións e experiencias.

- O Threats Highlighters destaca elementos singulares para fomentar a participación
