Threads poderÃa chegar a Europa en decembro
xoves, 30 de novembro do 2023
- Threads está a incorporar a busca mediante palabras clave, para asà poder localizar conversas sobre unha temática determinada
The Wall Street Journal
publica a nova que moitos levaban meses agardando tras ver o mal funcionamento
de X/Twitter e a pouca relevancia que están a conseguir alternativas como
Mastodon e Bluesky: a chegada
de Threads a Europa está prevista para o mes de decembro.
Lembremos que a plataforma de texto que Meta lanzou a partir de Instagram non
estaba accesible dende Europa xa que tiña serios problemas para cumprir coa
lexislación de protección de datos local (detalles como que a nova plataforma
estivese totalmente ligada a unha plataforma anterior e que non houbese
transparencia co tratamento de datos eran problemas que estaban sen solucionar),
e nas últimas semanas puidemos ver como moitas das grandes carencias de Threads
foron suplÃndose, de aà que en decembro poderiamos ter o desembarco europeo
desta plataforma que poderÃa recuperar o seu pulo inicial grazas a o que case
serÃa un relanzamento.
Cómpre salientar que Threads xa non é unha aplicación tan básica como ao
comezo, e neste
momento está a incorporar a busca por palabras chave en todos os idiomas,
ou sexa, que vai camiño de ter algo semellante ao cancelos, o que facilitará a
participación en conversas amplas, aÃnda que non podemos esquecer que a
intención de Meta é que Threads estea lonxe de discusións polÃticas e outros
tipos de conversas que poidan provocar un ambiente tóxico, polo que realmente
non será unha alternativa total a X/Twitter, podendo verse como unha versión
máis amable, que como grande vantaxe ten o doado que resulta entrar para quen
xa teña unha conta en Instagram.
Agora que X/Twitter está a vivir o que parece ser o seu peor momento, co
abandono de importantes anunciantes e a groseira reacción de Elon Musk ante tal
situación provocada por el mesmo, Meta ten unha oportunidade magnÃfica para
promover o uso de Threads, pese a que aÃnda sexa unha plataforma en
desenvolvemento, pero que parece ser a única opción solvente para coller o
relevo de Twitter a longo prazo (agás, claro está, que Musk venda a plataforma,
e asà poida volver ao rego).