Thrustmaster presenta auriculares sen fíos para consolas de videoxogos

luns, 17 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Para ampliar a gama de auriculares pensado no seu uso en videoxogos, Thrustmaster engade ao seu catálogo novos modelos sen fíos, o Y-400Pw para PlayStation 3 e PC e o Y-400Xw para Xbox 360, que integran tecnoloxía patentada sen fíos na banda dos 2,4 GHz, que proporciona un sinal sen latencia e libre de interferencias á vez que achega un alcance de 10 metros e conectividade Plug & Play sinxela e rápida. Estes novos auriculares integran batería recargable cunha autonomía de ata 10 horas (aínda que tamén contan con cable para poder empregarse mentres están a cargarse), veñen equipados cun mando a distancia que facilita o seu control (poden axustar o volume do xogo, do micrófono, do nivel de graves, activar o chat de voz ou enmudecer o micrófono) e un micrófono unidireccional con cancelación de ruído (que poden extraerse para cando queira gozarse dos auriculares para escoitar música ou ver películas).
Estes auriculares teñen unha construción robusta, son moi axustables e poranse á venda no mes de agosto a un prezo de 159,99 euros. A principal diferencia entre os modelos para Xbox 360 e PS3 é que o de PlayStation 3 é totalmente sen fíos, mentres que o dirixido á consola de Microsoft inclúe cables no seu mando a distancia.

Os auriculares Y-400Xw están destinados a funcionar na Xbox 360


Vídeo de presentación dos novos auricualres sen fíos de Thrustmaster

PUBLICIDADE