TikTok Lite suspende o seu programa de recompensas
mércores, 24 de abril do 2024
Tras o anuncio da Comisión Europea da apertura dun procedemento formal contra TikTok en virtude da Lei de Servizos Dixitais tras o lanzamento dun programa de recompensas dentro de TikTok Lite sen ter comunicado anteriormente un informe de avaliación de riscos, e en cumprimento das ordes da Comisión (aÃnda que asegurando que fan tal voluntariamente) suspenden o programa de recompensas de TikTok Lite.
Dende a Comisión Europea habÃa unha grande preocupación polo novo programa, pois non podemos esquecer que TikTok xa ten unha investigación aberta por posibles incumprimentos da Lei de Servizos Dixitais, e o feito de que a compañÃa avance máis en condutas que poderÃan supor un perigo para os menores de idade e propiciar condutas aditivas percÃbese polos reguladores como unha actitude irresponsable e contraria á lexislación europea, o que probablemente remate traducÃndose en importantes sancións que se anunciarÃan, como moi cedo, dentro dun ano.