TikTok terá que pagar 345 millóns de euros por infrinxir a lexislación de protección de datos europea

venres, 15 de setembro do 2023 Marcus Fernández

O Comité para a Protección de Datos (DPC) de Irlanda, conforme a unha investigación realizada entre o 31 de xullo e o 31 de decembro de 2020, conclúe impor a TikTok unha sanción de 345 millóns de euros por vulnerar o Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea no que respecta a datos de menores. Concretamente a plataforma contiña certos elementos na súa configuración que facían que os datos dos cativos fose públicos de xeito predeterminado (cando debería ser ao revés) e no proceso de rexistro carecía de mecanismo de verificación de idade.
A decisión adoptada pola DPC supón que se exercitan medidas correctivas, que serán unha reprimenda á TikTok, unha orde indicando as accións específicas que deben adoptar en menos de 3 meses para corrixir as súas infraccións e fixar en 345 millóns de euros a sanción que a compañía terá que asumir.

PUBLICIDADE