Tinder estrea a verificación de usuarios con DNI en España

venres, 4 de abril do 2025 Marcus Fernández

A aplicación de citas Tinder, con máis de 4 millóns de usuarios en España, vén de achegar a Francia, Alemaña, Italia, Países Baixos e España o seu programa en probas de verificación de perfil con DNI, para confirmar a súa veracidade.
O novo sistema, que é totalmente opcional, permite demostrar que unha persoa é a mesma que aparece no Documento Nacional de Identidade que remite a Tinder, o que serve tanto para verificar a idade do usuario, como para saber se estamos ante unha suplantación de identidade para realizar algún tipo de calote.
Este novo sistema de verificación con foto + DNI consiste nunha verificación da inicial da fotografía achegada polo usuario comparándoa cos datos recollidos mediante un videoselfie. Para a verificación do DNI é preciso compartir o DNI con Tinder, para que comproben que no documento figura a mesma persoa que na verificación con foto, ao que seguirá tamén a comprobación de información como a data de nacemento. Os almacenamento destes datos realizarase con numerosas precaución (por exemplo, a copia do DNI que se gardará durante o proceso de verificación estará censurada, e tamén conservaranse datos da xeometría facial do usuario) e só mentres o usuario manteña a súa conta aberta en Tinder.
Este tipo de verificación busca dar unha maior confianza ao usuario, que cando atope unha conta verificada pode confiar en que está a relacionarse cunha persoa real e non cun bot.