Tinder quere revitalizarse con citas dobres
martes, 17 de xuño do 2025
Tinder vén de presentar Double Date, unha funcionalidade que permite emparellarse cun amigo ou amiga para ligar con outras parellas dentro da aplicación. O obxectivo é transformar a experiencia do Swipe nun xogo compartido, máis divertido, máis social e con moita menos presión.
Esta nova proposta baséase no éxito de ferramentas como Tinder Matchmaker ou Share My Date, que xa implicaban amizades e familiares na busca de parella. Agora, Double Date dá un paso máis e converte o feito de coñecer xente nova nun plan conxunto, pensado especialmente para a xeración Z, que xa representa máis da metade dos usuarios globais da plataforma.
Nas probas realizadas en distintos paÃses, Tinder comprobou que case o 90 % dos perfÃs creados para Double Date pertencÃan a menores de 29 anos. A funcionalidade gustou especialmente entre as mulleres, que triplicaron os likes a parellas fronte aos perfÃs individuais. Ademais, nas conversas abertas a través de Double Date enviáronse un 35 % máis de mensaxes que nos chats clásicos de dúas persoas.
O seu uso é sinxelo: desde a icona de Double Date na pantalla principal, calquera pode convidar ata tres amizades para formar unha parella. Unha vez feita a combinación, só é preciso que unha das dúas persoas dea like a outra parella e, se hai coincidencia, ábrese de inmediato un chat conxunto. AsÃ, a conversa flúe sen presión e a cita convértese nun plan colectivo, menos rÃxido e máis natural.
Durante o perÃodo de probas, Double Date tamén serviu para atraer novos usuarios ou recuperar contas inactivas. Preto do 15 % dos que aceptaron unha invitación a esta función eran persoas novas na aplicación ou que regresaban tras un tempo sen usala.
A funcionalidade está xa dispoñible nos Estados Unidos e noutros mercados como España, e Tinder prevé o seu lanzamento global ao longo do mes de xullo.
