Titanfall inicia o rexistro para o que parece a súa fase de probas para Xbox One

xoves, 16 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro 13 de marzo o primeiro xogo de Respawn Entertainment, o agardado Titanfall, chegará a Xbox One, Xbox 360 e PC, pero quen queira probar anticipadamente a experiencia deste frenético xogo dos co creadores da franquía Call of Duty é posible inscribirse para participar na súa versión de avaliación cando estea dispoñible, para o que será preciso contar cunha conta de usuario na plataforma de xogos en liña de Electronic Arts (Origin) e ter unha Xbox One (sistema que parece ter prioridade para este agardado título).
Aínda que a fase de probas de Titanfall aínda non detallou en que consiste é de agardar que, como noutros xogos do xénero, trátese dun período no que experimentarán cun amplo número de xogadores reais para poder realizar os axustes pertinentes nos servidores do xogo para que funcionen o mellor posible tras o seu lanzamento comercial.
A nova consolas de Microsoft parece quere asociarse profundamente co que agardar que sexa un dos principais lanzamentos de 2014, e xa anuncian que á saída do xogo acompañarao un accesorio para Xbox One, que vén a ser unha edición limitada do mando sen fíos da mesma, personalizado coa estética de Titanfall; pero dado que estamos ante un xogo multi-plataforma, o PC parece que non quedará fóra deste tipo de xogada, e nas tendas de videoxogos de varios países xa é posible reservar accesorios como un teclado, un rato e uns auriculares con micrófono de Mad Catz para poder vivir máis intensamente a experiencia de Titanfall en equipos con Windows.

A Xbox One contará cun mando sen fíos personalizado coa estética de Titanfall

PUBLICIDADE