Todo listo no CESGA para a celabración do DÃa Internacional das Rapazas nas TIC coa participación de 250 estudantes
mércores, 22 de abril do 2026
Mañá, xoves 23 de abril, celébrase o DÃa Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day) e co gallo desta data o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) e a Secretaria Xeral de Igualdade organizan a décimo cuarta edición deste encontro. Trátase dunha actividade destinada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o eido das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Indo ao evento, como xa sinalamos celebrarase mañá xoves, 23 de abril, de 11 a 13:30 horas na sede do CESGA. O acto será inaugurado polo director cientÃfico do CESGA, Lois Orosa, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; e clausurado pola directora Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, MarÃa Quintiana Pérez.
A actividade, destinada ao alumnado de primaria e secundaria de Galicia, consistirá nunha charla que se retransmitirá en vivo a través de Internet, na que participarán profesionais galegas que contarán a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxÃa pode aportar en diversos ámbitos para mellorar a vida de todas e todos. Participarán na mesa redonda, moderada pola coordinadora da área e-learning do CESGA, MarÃa José Malmierca, catro senlleiras tecnólogas galegas que traballan e investigan en eidos relacionados coas novas tecnoloxÃas: Marta Castiñeira Reis, Patricia González Gómez, Hilda Romero Velo e Aránzazu Sucasas Hermida.
Falando dos e das participantes, sinalar que son 250 estudantes inscritos e inscritas desde seis centros escolares, participarán na xornada e poderán enviar preguntas e inquedanzas en directo para establecer un diálogo coas relatoras. Tamén de xeito presencial e ao remate do coloquio, unha corentena de estudantes farán unha visita guiada ás instalacións do CESGA para coñecer o supercomputador Finis Terrae III e o computador cuántico galego Qmio.
Achegándonos un pouco á figura das tecnólogas convidadas:

- Marta Castiñeira Reis
Marta Castiñeira Reis traballa no CESGA como técnica de investigación en simulación computacional e análise de datos no proxecto EDD-DATAlife. É doutora en QuÃmica Teórica e Modelización Molecular pola Universidade de Vigo (2019), unha área que utiliza métodos computacionais para estudar a estrutura, as propiedades e a reactividade das moléculas. Durante a súa tese de doutoramento e a súa etapa de posdoutoramento investigou procesos de catálise, é dicir, reaccións quÃmicas aceleradas ou dirixidas por certas substancias para obter novos compostos de interese, incluÃdos posibles fármacos.
Tamén traballou en astroquÃmica, estudando como se forman moléculas no espazo e que procesos quÃmicos poden ter lugar en condicións extremas, como as do medio interestelar. Ao longo da súa carreira foi investigadora na Universidade de Groningen e na Universidade de Santiago de Compostela, e 2024 foi nomeada profesora axudante doutora na Universidade de Alcalá de Henares. O seu traballo combina quÃmica, fÃsica, informática e análise de datos para responder preguntas complexas sobre a materia, tanto na Terra como no universo.

- Patricia González Gómez
Patricia González Gómez é catedrática e investigadora no Departamento de EnxeñarÃa de Computadores da Universidade da Coruña. A súa investigación céntrase na computación de alto rendemento, incluÃndo o uso de supercomputadores, computación na nube (Cloud) e análise de grandes volumes de datos (Big Data) para resolver problemas cientÃficos complexos.
Tamén traballa en áreas como a bioinformática e o desenvolvemento de métodos avanzados para acelerar cálculos e analizar gran-des cantidades de información. Coordinou o Máster en Computación de Alto Rendemento e ocupou varios postos directivos na Universidade da Coruña.

- Hilda Romero Velo
Hilda Romero Velo é investigadora no CITIC e candidata a doutora en Computación pola Universidade da Coruña (UDC). Con formación en Música e Informática, e experiencia como pianista e gaiteira, centra a súa investigación na Recuperación de Información Musical e na EtnomusicoloxÃa Computacional.
Traballa especialmente coa música de tradición oral, como a galega e a irlandesa, empregando metodoloxÃas e algoritmos da informática e da bioinformática para analizar e comparar melodÃas co obxectivo de comprender as relacións entre diferentes tradicións musicais. Ademais, desenvolve ferramentas que apoian a aprendizaxe de partituras e sistemas capaces de buscalas a partir dunha cantaruxada ou da interpretación dunha melodÃa nun instrumento.

- Aranzazu Sucasas Hermida
Aránzazu Sucasas Hermida traballa en Telefónica e actualmente é candidata a doutoramento na Universidade de Vigo (UVigo), onde desenvolve unha investigación centrada na segmentación de lesións mamarias en resonancia magnética para a detección precoz do cancro de mama. É licenciada en EnxeñarÃa de Telecomunicacións (Universidade de Vigo, 1998) e conta cun Máster en EnxeñerÃa Biomédica e Saúde Dixital (Universidade de Sevilla, 2025).
Na actualidade traballa en Optimización Radio en Telefónica Móviles, centrada na análise e mellora do rendemento das redes móbiles (5G, 4G e 3G) para garantir a calidade dos servizos de voz e datos. Anteriormente desenvolveu tarefas de planificación e deseño de redes móbiles, participando en proxectos nacionais como o deseño de sistemas de Tarificación Prepago, asà como en proxectos internacionais como a implementación da Interface de Xestión da Rede Intelixente (Roma).
Dende 2012
Desde 2012, o CESGA é impulsor o Proxecto Europeo ICT-Go-Girls!, Promoting Entrepreneurship among secondary School Girls through ICT (Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC), que deseñou e testou unha metodoloxÃa innovadora para loitar contra a escaseza de vocacións tecnolóxicas entre as rapazas europeas. Esta acción foi completada coa iniciativa galega Rapazas Emprendedoras nas TIC na que colabora o CPEIG no marco do Plan Proxecta da ConsellerÃa de Educación, baixo a coordinación da SecretarÃa Xeral de Igualdade, dirixida ás rapazas de primeiros anos de secundaria e últimos de primaria para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico cara lograr unha maior presenza feminina no eido das TIC.
Outras entidades que colaboran na organización da xornada: Xunta de Galicia, Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal); Asociación .GAL; Universidade de Santiago (Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade); Facultade de Informática da Universidade da Coruña; Universidade de Vigo (Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicacións); e as asociacións Hello Sisters! e GalsTech.
