Todo o que precisamos saber sobre a factura electrónica e a lei Veri Factu, nunha xornada da Cámara de Santiago
mércores, 12 de febreiro do 2025
A vindeira semana teremos unha nova oportunidade para familiarizarnos coa facturación electrónica e coas medias legas activas en España para garantir a seguridade nas transacción e nas operacións. A xornada, convocada en formato online e en colaboración coa oficina Acelera Peme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica, celebrarase o 19 de febreiro, a partir das 10:00 horas baixo o epÃgrafe O último sobre a factura electrónica en España: Lei Antifraude (Veri Factu) e Lei Crea e Crece.
Nesta sesión profundarase nos cambios lexislativos que afectan á facturación electrónica e como as pemes (pequenas e medianas empresas) poden adaptarse ás novas exixencias. Os participantes coñecerán, da man de Daniel Cerqueiro, CMO (director de mercadotecnia) de Docuten, empresa galega especializada en sinatura dixital e facturación electrónica, os detalles da nova Lei Antifraude, que introduce a obrigatoriedade da factura electrónica en determinadas operación, e a Lei Crea e Crece, que facilita a dixitalización e a xestión empresarial.
Licenciado e doutor en Ciencias FÃsicas, Cerqueira leva dende 2004 adicándose ás TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC). A súa principal ocupación é ser responsábel de marketing en Docuten, pero ademais é un dos promotores principais da iniciativa Startup Galicia e realiza de xeito continuo actividades formativas relacionadas coa transformación e o emprendemento.
Esta xornada, como boa parte das que organiza a Cámara de Santiago, está deseñada para proporcionar aos empresarios os coñecementos necesarios para ampliar coas normativas legais e optimizar a xestión do seu negocio no entorno dixital. A actividade é de balde e telemática, previa inscrición na web da Cámara, e está aberta a todas as pemes e persoas autónomas interesadas en mellorar a súa competitividade e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e regulamentarios.
A xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital (Red.es) da Cámara de Santiago, en colaboración coa patronal de Noia: Noia Histórica.