Todo sobre a Carballeira de Trasgos, na web do Concello de Ames

mércores, 7 de febreiro do 2024 S. P.

O Concello de Ames vén de crear na web municipal un apartado informativo sobre a Carballeira dos Trasgos. O obxectivo é dispor dun apartado específico con información da Carballeira de Paramuíño para os centros de ensino, asociacións e veciñanza en xeral.
Dita carballeira atópase nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído. A través da intervención realizada neste lugar colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta, macaón, donosiña, curuxa, píntega, peto real, xeneta, bubela, víbora, avelaíña e xoaniña). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas.
A Carballeira dos Trasgos conta cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Neste lugar o Concello puxo en marcha un proxecto para recrear a vida que existe nunha carballeira. Deste xeito, resáltase a fauna, a flora e tamén os seres dos nosos contos e lendas, como trasgos ou damas.