Toki HD acada a luz verde en Steam

luns, 14 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Golgoth Studio pretendía lanzar Toki HD, xogo que recreaba ao clásico de máquinas recreativas de 1989, o pasado mes de setembro, pero finalmente esta remasterización está a verse retrasada, especialmente nas súas versións para PlayStation 3 e Xbox 360, pero para PC está a piques de ver a luz grazas a que conseguiu bastantes apoios en Steam Greenlight, polo que en breve debería publicarse a través da plataforma de distribución de xogos Steam.
Este xogo no que controlamos a un simio chamado Toki que enfrontarase a hordas de monstros cuspindo bolas de enerxía ata destruír ao bruxo malvado Dr. Stark para recuperar a súa forma humana e rescatar á princesa Wanda nunha aventura de plataformas en 2D cuns gráficos totalmente redebuxados e con 2 modos de xogo: arcade (coa dificultade propia de recreativas) e consola (adaptándose ao nivel de dificultade habitual hoxe en día).
Toki é un dos xogos de plataformas máis lembrado do seu tempo, polo que a súa recuperación parece un éxito seguro, que aínda terá unha grande traxectoria, pois chegará a distintas plataformas, iniciándose no PC e no Mac, nas que incluso poderemos gozar do xogo traducido ao español.

JPEG - 138.1 KB
O deseño e a mecánica de xogo de Toki conserarán a súa esencia neste remasterización

PUBLICIDADE