Torchlight supera o millón de copias vendidas

xoves, 7 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Recuperando o espírito de Diablo, Runic Games lanzou o RPG de acción Torchlight, inicialmente para Windows, e posteriormente para Mac OS X e Xbox 360 (esta última versión hai só 4 meses), cunha boa acollida entre os seareiros do xénero, o que vén de demostrar o feito de que superasen a barreira do millón de unidades vendidas, algo sumamente difícil para un pequeno estudo.
O presidente de Runic Games, Travis Baldree, asegura que están «moi emocionados de compartir este éxito de Torchlight con todos os nosos seguidores e colaboradores. Foi unha longa viaxe e non podemos agardar a dar máis do que queren en Torchlight II». A secuela de Torchlight sairá á venda este mesmo ano na súa versión para PC nunha data sen determinar.

A versión de Xbox 360 do xogo está a ter unha responsta moi boa do público, e contribuíu de xeito importante a superar o millón de copias vendidas

PUBLICIDADE