Toshiba achega a Europa un portátil con pantalla 3D sen lentes
martes, 5 de xullo do 2011
O vindeiro
mes de agosto Toshiba vai comezar a comercializar o seu portátil
Qosmio F750, que pretende sorprender por contar cunha pantalla autoestereoscópica,
de xeito que non só poderá amosar imaxes en 3D sen lentes, senón que tamén
poderá presentar imaxes 3D e 2D en pantalla de xeito simultáneo.
A pantalla
de 15,6 polgadas desde equipo ten unha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles
(Full HD), conta cunha webcam de alta definición con tecnoloxÃa se seguimento
da mirada, funciona cun procesador Intel Core i7 e gráfica nVIDIA GeForce GT 540M con 2 Gb de
memoria, 6 Gb de RAM, 640 Gb de disco duro, gravadora de Blu-ray, altofalantes
Harman Kardon, lector de tarxetas de memoria, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, 3 portos
USB 2.0 e 1 porto USB 3.0 e sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64
bits. O portátil mide 380,5 x 254 x 30-37,6 milÃmetros e pesa 2,9 quilogramos.
O prezo deste impresionante equipo será
dunhas 1.300 libras esterlinas no Reino Unido (1.446 euros).
- O Toshiba Qosmio F750, aparte de contar cunha pantalla autoestereoscópica, tamén ten un deseño bastante coidado