Toshiba amosa un prototipo de tablet que comezará a venderse en outubro

martes, 20 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O fabricante Toshiba está a celebrar o seu 25 aniversario no mercado dos ordenadores portátiles, polo que presentou 3 novos produtos: o Portege R700 (portátil lixeiro cunha pantalla de 13 polgadas), o Libretto W100 (ordenador portátil con 2 pantallas táctiles de 7 polgadas que funciona con Windows 7) e o AC100 Cloud Companion (un ultraportátil con procesador nVIDIA Tegra e sistema operativo Android). O máis rechamante da presentación de Toshiba foi sen dúbida cando Mark Whittard, director de administración de Toshiba Australia, amosou un prototipo de tablet chamado Toshiba SmartPad, que debería chegar ao mercado durante o vindeiro mes de outubro, aínda que sen concretar o sistema operativo co que funcionará. No tocante ás súas prestacións, polo momento só sabemos que conta con portos HDMI e USB.

O ultraportátil AC100 Cloud Companion funcionará co sistema operativo Android

PUBLICIDADE