Toshiba anuncia un novo portátil ideal para xogar
mércores, 7 de marzo do 2012
Para os usuarios máis esixentes que queiran correr os
últimos videoxogos no seu ordenador portátil Toshiba prepara o seu equipo Qosmio X870,
que contará cos últimos procesadores de Intel, unha gráfica nVIDIA de 3Gbytes,
pantalla 3D Full HD de 17,3 polgadas (compatible coa tecnoloxÃa nVIDIA 3D Vision)
cun tempo de resposta de 5 milisegundos, ata 2 Tb de disco duro (ou opción
hÃbrida SSD), saÃda HDMI, 4 portos USB 3.0, Gigabit Ethernet, Bluetooth 4.0 e
altofalantes Harmon Kardon.
Para completar este impresionante equipo con teclado retroiluminado, panel
multi-táctil e webcam de alta definición con recoñecemento facial, podemos
elixir entre dotalo cunha gravadora de DVD ou cun lector de Blu-ray.