Toshiba prepara un lector de libros electrónicos de pequeno tamaño

martes, 26 de maio do 2009 Marcus Fernández

Non todos os dispositivos pensados para a lectura de libros electrónicos están baseados en E-Ink, e así no Xapón ultima o lanzamento do Toshiba Biblio, un trebello cunha pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 960 x 480 píxeles, Wi-Fi, 7 Gb de almacenamento interno, dicionario, cámara de 5,1 Mpíxeles, teclado deslizante (numérico en vertical e QWERTY en horizontal).
Este trebello supomos que tamén contará con características de móbil (pois o vai comercializar a operadora KDDI), e resulta unha interesante achega á lectura en soporte electrónico, pois deixa de lado o papel electrónico para apostar por unha pantalla de pequeno tamaño e alta resolución, o que permite unha lectura de texto máis agradable que noutros dispositivos semellantes.

PUBLICIDADE