Toshiba presenta un disco duro de 1,8 polgadas cunha capacidade de 320 Gb
xoves, 5 de novembro do 2009
Toshiba
volve a pórse á cabeza do mercado de discos duros de 1,8 polgadas
coa súa serie MK3233GSG, que agora está dispoñible en capacidade de 160, 250 e
320 Gb e que comezarán a producirse en masa en decembro.
Estes pequenos discos duros están pensados como sistema de almacenamento de
equipos informáticos de tamaño reducido e distintos periféricos. Funcionan a
través dunha interface serial ATA, xiran a 5.400 voltas por minuto, inclúen un buffer de 16 Mbytes, teñen unha
resistencia comparable á dos discos duros de 2,5 polgadas e reduciron o ruído
xerado uns 4 dB con respecto da xeración
anterior de discos deste tipo.