Toshiba presenta un tablet económico con procesador Intel
martes, 27 de maio do 2014
Para
poder destacar entre os tablets de pequeno tamaño Toshiba presentou hoxe nos
EE.UU. o seu novo
Excite Go, que é un dispositivo con Android 4.4 e pantalla de 7 polgadas
que permite aos consumidores facerse cun dispositivo de marca sen ter que realizar un grande investimento, xa que o seu
prezo quedará nos 109,99 dólares (80,79 euros) cando chegue ás tendas no mes de
xullo. Unha opción moi interesante para quen desexe un trebello moi
transportable (pesa uns 355 gramos) capaz de correr aplicacións, navegar pola
web e reproducir vÃdeo durante horas.
Estamos ante un tablet cunha resolución de pantalla de 1.024 x 600 pÃxeles, que
funciona cun procesador Intel Atom de catro núcleos, 1 Gb de RAM, 16 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb), a
versión completa de OfficeSuite Pro e baterÃa capaz de aguantar ata 7,5 horas
de uso xeral ou ata 6 horas de reprodución de vÃdeo.