Toshiba presenta un tablet con Android 3.2 e só 7,7 milímetros de grosor
xoves, 1 de setembro do 2011
No último
trimestre do ano Toshiba vai comercializar en Europa o seu novo
tablet Toshiba AT200, que conta cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo OMAP 4430 a 1,2
GHz, 1 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD,
micro USB, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, saída micro HDMI, Wi-Fi, Bluetooth, altofalantes
estéreo (prometendo unha calidade fóra do habitual neste tipo de dispositivos
móbiles), batería cunha autonomía de 8 horas (reproducindo vídeo), sistema
operativo Android 3.2, 558 gramos de peso e un grosor de 7,7 milímetros, de
xeito que sería o dispositivo deste tipo máis delgado o mercado.
Deste xeito Toshiba consegue non só ter un dos tablets de grande potencia máis
lixeiros e delgados do mercado, senón tamén dos máis completos, por contar con
soporte de Adobe Flash Player, acceso ao Android Market, capacidade para
reproducir vídeo en alta definición e saída de vídeo para poder conectalo a un
televisor. Unha combinación de potencia e elegancia que pode converterse nun
referente nos tablets Android de alta gama.
- O Toshiba AT200 combina un bo deseño cunha grande potencia e versatilidade