Toshiba presentou un picoproxector no IFA
mércores, 3 de setembro do 2008Durante a feira
berlinesa IFA Toshiba presentou un videoproxector de peto con iluminación LED
que mide 10 x 4,5 x 1,7 centÃmetros e pase 100 gramos, polo que se poderÃa
comparar en dimensións e peso con moitos móbiles do mercado.
O Toshiba
LED Pico Projector ten unha luminosidade de 10 lumens, o que é
bastante pouco para contornos iluminados, pero serve para lugares escuros. Non
está claro aÃnda a qué público irÃan dirixidos estes produtos, nin se
compensará a súa integración en dispositivos portátiles (coma móbiles,
ordenadores portátiles e PDA, dos que xa hai prototipos con tecnoloxÃa de
picoproxección) pero poderÃa abrir moitas posibilidades para profesionais da
formación e comerciais, que poderÃan facer presentacións en lugares que non
estivesen dotados cun videoproxector (chegando en moitas situación unha parede
branca para presentar as imaxes a grande tamaño).