Toxo Telecom, a operadora de Ribeira, estrea páxina web
mércores, 22 de xullo do 2020
Toxo
Telecom, a operadora de Ribeira, dende onde subministra fibra, móbil,
TV e telefonía fixa, está estes días de estrea, presentando ante
usuarios reais e potenciais a súa nova páxina web,
www.toxotelecom.gal.
Trátase dun coidado servizo de información e comunicación cuxa
posta en marcha foi, en palabras dos responsábeis de Toxo, “un dos
grandes acontecementos da empresa neste 2020”, que, ademais, vén
co engadido extra de ser un produto cen por cen galego. A web, de
feito, foi deseñada na nosa lingua, desenvolvida en Ribeira (polo
equipo da cooperativa local ctBarbanza), concibida co dominio .gal e
está aloxada en Santiago de Compostela. Ou sexa, máis nosa
imposíbel.
A
páxina foi moi ben recibida polos usuarios de Toxo, non só pola súa
importante “galeguidade”, senón tamén pola utilidade, a
sinxeleza e a claridade dos seus recursos, que se artellan en catro
puntos fundamentais (fibra, móbil, TV e contacto) e que se
complementan con información detallada e directa das diferentes
modalidades de contrato que se ofrecen, moitas delas de gran interese
(como
por exemplo a oferta lanzada este 17 de xullo que combina fibra
de 100 Mbps, máis fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos
a móbiles, máis TV con TDT á carta e máis móbil con 3GB e
chamadas ilimitadas por 38,95 euros ao mes).
Por
certo que a web tamén se ofrece en castelán.