Trackball+, un teclado sen fíos ideal para o salón

martes, 3 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A instalación de ordenadores no salón coma sistemas de reprodución multimedia teñen que optar por orixinais solucións de cara ao manexo a distancia dende o sofá, entre os que destaca o teclado sen fíos Trackball+, produto de B-Move cun prezo axustado (pese a custar máis de 40 euros) que aparte das teclas básicas tamén goza con atallos para funcións multimedia e unha bola (trackball) que pode facer de rato, de xeito que non precisamos dunha superficie plana para operar o noso equipo.
O Trackball+ mide 26,1 x 11,1 x 3,2 centímetros, ten 78 teclas con 36 de acceso directo, opera na frecuencia dos 2,4 GHz cun alcance de 10 metros, recibe o sinal sen fíos a través dun pequeno dispositivo USB e é compatible con Windows (dende 98 ata 7) e Mac OS X.

PUBLICIDADE