Un script permite traducir automaticamente webs ao galego

luns, 2 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O usuarios do navegador Firefox poden ampliar as prestacións da aplicación con distintos engadidos, entre os que destaca Greasemonkey pola súa versatilidade para modificar a aparencia de páxinas web e servizos en liña mediante código javascript, o que vén de aproveitarse para desenvolver un pequeno script que fai uso do tradutor de Google para poder ver o texto que teñamos seleccionado nunha páxina web automaticamente en galego.
Esta funcionalidade permite achegar así contidos de case calquera web do mundo, pois na actualidade o servizo de tradución de Google soporta un total de 41 linguas. O mesmo código ten tamén variacións para permitir a tradución ao español ou ao catalán.

PUBLICIDADE