Transformer que fai de memoria USB

martes, 19 de maio do 2009 Marcus Fernández

A cultura dos anos 80 está a rexurdir con forza no cine e na televisión, e ante a chegada dunha nova película dos Transformers á pantalla grande, Takara Toys decidiu lanzar unha serie de trebellos electrónicos inspirados na serie de animación orixinal destes personaxes que eran robots antropomórficos que principalmente transformábanse en vehículos, aínda que algúns modelos tiñan transformacións un pouco máis curiosas, de aí que resulta bastante coherente que se poña á venda unha memoria USB de 2 Gb que pode transformarse en Ravage (un dos malvados Decepticons, con aparencia de pantera, que inicialmente transformábase nunha cinta de casete) e que terá un prezo de 42,99 dólares (30,81 euros).
Na mesma liña tamén é posible adquirir unha memoria USB transformable en Tigratron, un par de ratos láser que poden converterse en Grimlock e Trypticon, e mesmo un concentrador USB coa forma de Blaster.

PUBLICIDADE