Transformers: La Caída de Cybertron estrea trailer de lanzamento

martes, 21 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro venres teremos nas tendas o xogo Transformers: La Caída de Cybertron, desenvolvido por High Moon Studios, e que supón unha aposta máis polos Transformers clásicos (en vez da súa contrapartida cinematográfica) para contar cunhas historias de moita acción nas que aparecerán varios robots que permaneceran ausentes en anteriores entregas: os Dinobots, Metroplex e os Combaticons.
Para celebrar a súa chegada este título vén de estrear trailer de lanzamento, e tamén confirma que vai a estar dispoñible tanto en formato físico como en versión descargable para PlayStation 3, Xbox 360 e PC (Steam).


Trailer de lanzamento de Transformers: La Caída de Cybertron

PUBLICIDADE