Transmisor Bluetooth universal

xoves, 26 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Para utilizar o noso reprodutor multimedia no coche existen distintas opcións que permiten conectalo ao equipo de son integrado, coma pode ser un adaptador con forma de casete, un emisor de radio FM (con problemas de interferencias en moitas zonas) ou o uso de tecnoloxía Bluetooth, pero esta última opción normalmente ten como principal atranco que nos reprodutores de MP3 aínda non está xeneralizado o Bluetooth, de aí que a nipona Sigma lance o seu transmisor Bluetooth SBT04, que permite converter o son recollido por un conector de auriculares estándar (de 3,5 milímetros) nunha transmisións Bluetooth 2.1 A2DP (ou sexa, Bluetooth estéreo) para poder converter case calquera reprodutor multimedia nunha fonte de audio Bluetooth que poder utilizar no equipo de son integrado no coche.

PUBLICIDADE