Tras 10 anos Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy volve ao Mac

venres, 25 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos anos o catálogo de xogos para Mac dispoñibles dende Steam é cada vez máis amplo, pero non se limita a que moitas das novidades poden adquirirse simultaneamente para Windows e OS X, senón que tamén se incorporan xogos clásicos, como hoxe fixo Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy, que permite situarnos no universo galáctico de George Lucas para tomar o papel dun estudante de jedi adestrado por Luke Skywalker, movéndonos por localizacións clásicas, atopando a personaxes coñecidos e tendo que elixir se queremos seguir o lado luminoso da Forza o sucumbir ante o lado escuro, o eterno dilema dos cabaleiros jedi.
Star Wars Jedi Knights: Jedi Academy cumprirá a década este mesmo ano, e poñelo dispoñible para OS X é unha oportunidades para os usuarios que aínda non se introduciran na saga Jedi Knight (da que só hai outro xogo dispoñible para Mac, Star Wars Jedi Knight II: Jedi Outcast) tendo que pagar 8,99 euros para facerse con este novo título (aínda que cómpre advertir de que é moi habitual que este tipo de títulos adquirirse de oferta tanto soltos como en lotes). Jedi Academy chega traducido ao español, e pese a ser un xogo cunha década ás costas, incluso conta con 6 modos multixogador con 23 escenarios distintos.

PUBLICIDADE