Treintayseis, novo medio dixital para Vigo e a súa área de influencia
xoves, 22 de outubro do 2020
O ano
pasado o xornal El Español estreou
na Coruña a publicación dixital Quincemil, capitaneada por Pablo GrandÃo,
creador da popular páxina web de videoxogos Vandal.net, e que con este novo
proxecto conseguiu un crecemento meteórico até converterse nun auténtico medio
de referencia no ámbito galego, cunha presenza máis que notable en redes
sociais, de aà que non sorprenda que decidisen abrir novos vieiros e estrear Treintayseis,
un novo diario dixital para a cidade de Vigo e a súa área de influencia.
Treintayseis é unha aposta polo xornalismo local que non se limita á cidade de
Vigo, senón que tamén incluirá información de Pontevedra e O Salnés,
complementando deste xeito a información de Quincemil á hora de cubrir á
meirande parte da poboación galega, procurando que as sinerxÃas entre ambos medios
e equipos poidan axudalos a avanzar como medios de referencia.
A nova cabeceira viguesa conta cun equipo inicial de 6 persoas, recaendo a
coordinación na xornalista Andrea
Pérez Bouzada, quen inaugurou o novo medio cunha entrevista
ao alcalde vigués, Abel Caballero.