Triacastela achega dous campamentos dixitais para cativos e adolescentes co inicio de setembro
venres, 8 de agosto do 2025
O Concello de Triacastela ofrece este verán dous campamentos dixitais para nenos e nenas de 9 a 13 anos e mozos e mozas de 14 a 17 anos. Son actividades extraescolares presenciais gratuÃtas centradas nas competencias dixitais e en ofrecer, nos dÃas previos ao inicio do curso escolar, recursos que garantan usos seguros, enriquecedores, saudables e creativos das novas ferramentas.
Vanse desenvolver na Fonte do Lunar do 1 ao 5 de setembro.
As persoas interesadas deben anotarse no Concello de Triacastela antes do 14 de agosto.
Trátase dunha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.
