Trim-Slice chega como un ordenador de tamaño mÃnimo grazas á tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 2
mércores, 26 de xaneiro do 2011- O Trim-Slice destaca polo seu tamaño reducido
Que os móbiles e
tablets de última xeración incorporen tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 2 permÃtelles
gozar da potencia suficiente para reproducir vÃdeos en alta definición pero,
¿non serÃa igualmente válida esa solución para un ordenador? Iso entende a
xente de CompuLab, que vén de presentar o seu equipo Trim-Slice, un
ordenador de tamaño reducido (13 x 9,5 x 1,5 centÃmetros), cunha carcasa de
metal sen ventilador, a mencionada tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 2 (que integra nun
único chip un procesador de dobre núcleo ARM Cortex A9 a 1 GHz e unha gráfica
GeForce de baixo consumo), 1 Gb de RAM, unidade SSD SATA de ata 64 Gb, un lector
de tarxetas SDHC e outro de microSDHC, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth,
boa conectividade (dobre saÃda de vÃdeo HDMI + DVI e saÃda de audio dixital
5.1), 4 portos USB 2.0, porto serie RS232.
Con esta configuración temos un equipo de tamaño moi reducido, que é válido
para a reprodución multimedia, os videoxogos e incluso coma un ordenador
persoal principal (dependendo das demandas dos seus usuarios). Dende CompuLab
están a esforzarse para que o equipo funcione con multitude de sistemas
operativos e aplicacións informáticas.
- Pese ao seu reducido tamaño, o Trim-Slice conta cunha boa conectividade