Trison amosa o potencial da súa solución holográfica cuns Cuñados

luns, 26 de abril do 2021 Redacción

A multinacional galega Trison, especializada na integración audiovisual, presentou esta mañá na Coruña o seu sistema de telepresenza Holobox nun evento no que converteu en hologramas aos actores protagonistas da película Cuñados, Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez.
O sistema de telepresenza Holobox é unha tecnoloxía, tal e como define Ignacio Alonso de Trison, permite «xerar experiencias novidosas e impactantes, en tempo real e a calquera distancia, a través de holografías que emulan en directo a imaxe real dunha persoa ou dun obxecto en tres dimensións».
Dispoñendo de acceso a Internet, estas conexións a través do Holobox poden realizarse ben entre dous puntos o ben servir para difundir imaxes en tempo real ou previamente gravadas a multitude de puntos. Para iso, simplemente é necesario dispor dun set de gravación (composto por un limbo ou pantalla branca, unha videocámara e a iluminación axeitada) e unha ou múltiples cabinas Holobox, «de dimensións semellantes a unha cabina de ducha», como receptoras do sinal. Ignacio Alonso subliñou que «Holobox ofrece amplísimas posibilidades de uso en sectores como educación, cultura, comercio, publicidade ou eventos», mentres que o seu compañeiro de Trison, Rafael Sánchez, sinalou que «é unha tecnoloxía que está a evolucionar moito en pouco tempo, permitindo personalizar cada Holobox con funcionalidades adicionais, como lector de códigos QR, terminal de pagamento, impresora de recibos ou incluso xerando conversacións a partir do uso da intelixencia artificial».
Este as posibilidades de Holobox figuran «conferencias dixitais, manequíns dixitais, anfitrións dixitais ou publicidade holográfica», como puideron comprobar durante esta mañá moitos coruñeses que interactuaron cos protagonistas de Cuñados e cos seus hologramas en plena Praza de María Pita.

Tráiler do filme Cuñados

PUBLICIDADE